Solicitude Panel Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática (TAI)
A CIG vén de demandar á Dirección de Recursos Humanos da Axencia Tributaria esixindo a convocatoria inmediata dun panel de provisión de postos de traballo para o persoal TAI (subgrupo C1 de informática), con prazas suficientes en Galiza para cubrir o grave déficit actual.
A situación nas dependencias galegas é xa insostible:
A situación nas dependencias galegas é xa insostible:
- Hai administracións practicamente abandonadas, que nin sequera poden ser atendidas con regularidade.
- O persoal informático nas delegacións está en mínimos absolutamente insuficientes. Estase a mover persoal “de visita” entre delegacións, xerando problemas en todas partes.
- Existen anexos como aeroportos, portos e aduanas sen persoal informático propio.
- En lugar de crear prazas específicas de informática, a AEAT move persoal doutras áreas sen especialidadee impide ao persoal TAI participar nos paneis xerais de C1.
No escrito lembramos que:
- A AEAT está obrigada a planificar correctamente os recursos humanos
- Os paneis de provisión son o instrumento ordinario na AEATpara cubrir vacantes estruturais
- Non se pode seguir parcheando a situación con desprazamentos e improvisación
- Un panel específico de TAI de forma inmediata
- Prazas suficientes en Galiza
- Información clara sobre o futuro das dependencias de informática
Seguiremos defendendo emprego público de calidade, servizos públicos eficaces e o dereito do persoal a unha organización racional e xusta dos recursos humanos. A loita é o único camiño!