SS. Reunión Comisión Valoración concurso Macro
POSÍBEL RESOLUCIÓN EN OUTUBRO
O día 2 de xullo tivo lugar a primeira reunión da Comisión de Valoración do concurso Macro da Seguridade Social.
Tras a constitución desta, a Administración informou de diversos datos de participación:
|
Entidade |
Prazas convocadas |
|
INSS |
3.100 |
|
ISM |
288 |
|
TXSS |
3.545 |
|
IXSS |
366 |
|
XISS |
5 |
|
SXSS |
3 |
|
TOTAL |
7.307 |
Das cales, 5.486 son vacantes e 1.821 resultas.
Hai 11.938 persoas concursantes que solicitaron 373.383 postos.
O 98,5% das persoas solicitaron menos de 400 postos, porén, mesmo hai unha persoa que solicitou máis de 2.600 postos.
Se repasaron os criterios de valoración que se aplicarán, que serán os recollidos na convocatoria do concurso publicada no BOE.
Reséñase que, a pesar da confusa redacción no tocante á valoración dos cursos de formación, non é necesario ter un mínimo de 3 cursos para que se valore ese mérito, a partir de 1 curso xa se valora.
E fíxose un calendario aproximado das seguintes datas relevantes:
As datas e prazos definitivos publicaranse na web do ministerio.
- Mediados-finais xullo: publicación certificados méritos para o persoal da Seguridade Social.
Terán 10 dás hábiles para facer alegacións. Agosto será hábil a estes efectos.
- 31/08/26 inclusive: data límite para facer renuncias.
- 03/09/26: publicación de méritos provisionais
- 10/09/26 inclusive: prazo para alegacións ao méritos provisionais
- Finais de setembro: reunión da Comisión de Valoración para estudar as alegacións.
- Outubro: resolución do concurso.
Seguiremos informando…
A CIG, alicerce dunha sociedade con dereitos