Xornada de verán

Luns, 08 Xun 2026

Ven de aprobarse a Resolución sobre a xornada de verán, comprendida entre o 16 de xuño e o 15 de setembro de 2026, ambos incluídos.

De acordo con esta Resolución:
  • As traballadoras e traballadores que realicen o seu horario de traballo exclusivamente en quenda de mañá, con xornada mínima de trinta e cinco horas, realizarán unha xornada intensiva de traballo a razón de seis horas e media, a desenvolver entre as 8:00 horas e as 15:00 horas de luns a venres
  • O persoal que estea suxeito ao réxime de xornada e horario de especial adicación, ademais do cumprimento horario previsto no parágrafo anterior, deberá realizar, nunha ou varias tardes, un mínimo de dúas horas até as 18:00 horas, até completar a xornada laboral de 35 horas. Esta redución levará a cabo sempre que as necesidades do servizo o permitan
  • O persoal de Vixilancia Aduaneira realizará a xornada segundo o disposto no segundo parágrafo do apartado 2.1 da Resolución de 21 de xullo de 2005, da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se establece o Horario Especial de Traballo de Vixilancia Aduaneira
  • Do mesmo xeito, ás empregadas e os empregados que desenvolvan o seu labor no Rexistro Xeral da Axencia Tributaria seralles aplicable a xornada de verán nos termos previstos no punto 2 do apartado cuarto do Acordo subscrito o 2 de xullo de 2003
  • Para o resto de persoal que estea suxeito a horarios especiais, adecuarase a redución neste período á xornada que habitualmente realicen
A redución de xornada será igualmente aplicable ao persoal con contratos laborais fixos-descontinuos e temporais que colaboran no desenvolvemento da presente Campaña de Renda. A dispoñibilidade horaria, no seu caso, será dun dez por cento da xornada ordinaria de verán

Conciliación
A Resolución tamén prevé que por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, as empregadas e empregados públicos con descendentes ou persoas suxeitas á súa tutela ou acollemento de até 12 anos de idade, sempre que convivan co solicitante e dependan deste, estando ao seu cargo, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva desde o 1 de xuño e até o 30 de setembro, incluídos, podendo exercer este dereito tamén no ano no que o menor cumpra a idade de 12 anos

Igualmente poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva, desde o 1 de xuño até o 30 de setembro, as empregadas e empregados públicos que teñan ao seu cargo persoas cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, sempre que convivan co solicitante e dependan deste

Consulta a resolución no axunto mais no Blog