A AEAT exixe e non paga: comparativa cos salarios nos concellos grandes

Mércores, 21 Out 2026

A AEAT fronte aos concellos grandes de Galiza: nos Concellos grandes, a diferenza medra!

Continuamos coa serie de comparativas retributivas. Despois de ver a ATRIGA e os concellos pequenos, hoxe miramos os concellos galegos de máis de 20.000 habitantes: Vigo, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vilagarcía, Carballo, A Estrada e Ponteareas.

A AEAT pídenos cada vez máis: formación, actualización, máis tarefas e máis responsabilidade. E logo non o paga. Un auxiliar (C2) cobra no tramo 0 e no tramo 1 un específico de 4.895 € ao ano, e un administrativo/a (C1) 5.428 € no tramo 1, que é onde está a maior parte do persoal.

Nos concellos grandes, o mesmo grupo cobra moito máis. En C2, o concello que menos paga (A Estrada) xa supera a AEAT nun 13 %, e a mediana está un 78 % por riba. En C1, o mínimo está un 27 % por riba e a mediana un 87 %.

Non comparamos para enfrontar a ninguén. A CIG defende o persoal da Administración Local tanto coma o da AEAT. Comparamos porque as administracións galegas son un referente: se noutras se retribúe mellor, é razoable esixir que a AEAT o faga tamén co seu persoal, sobre todo con quen está nos tramos baixos e non chega a fin de mes.

A loita é o único camiño!