A AEAT expulsa ao 75% dos aprobados ao A2 en Galiza

Martes, 23 Dec 2025

 

día antes de que remate o curso selectivo e cun papeliño que ninguén asina. Así despacha a Dirección da AEAT o futuro do persoal que superou o proceso selectivo do subgrupo A2 interministerial expulsando da Axencia- onde actualmente prestan servizo- a 27 persoas. Destas 27 compañeiras e compañeiros, 6 son en Galiza, o 75% das compañeiras e compañeiros que aprobaron son expulsadas da Axencia

É a segunda vez que no treito final dun proceso selectivo a Dirección da AEAT cambia as regras de xogo por medio dun papel ao que ninguén se atreve a poñer o seu nome e sinatura- a primeira vez fora cando decidiu retirar a reserva de provincia para quen promocionara ao A2 do Corpo Técnico

É a segunda vez tamén que se revisa a promoción interna para penalizar a quen superou o proceso selectivo e en contra do que recolle o Acordo de Carreira
Como ninguén da Dirección da AEAT asina o documento, tampouco fica claro se é cousa da Dirección, se é decisión do Departamento de Recursos Humanos- que de palabra lanzou o globo sonda hai meses e o comunicou o pasado xoves nunha mesa de negociación- ou se hai tamén implicación das Delegacións Especiais

Mais o certo é que se modifican as regras da promoción interna no último minuto, sen respectar o Acordo de Carreira e, neste caso, ademais, establecendo uns criterios para seleccionar o persoal que deixan moito que desexar e que non se axustan aos criterios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade que se supón deben rexir os procesos selectivos. Por que quedan as persoas dunhas áreas e non de outras? Por que caeron alí previamente?

Desde a CIG vimos insistindo hai moito tempo á Dirección da AEAT- esta e as anteriores- que se é certo que o persoal da Axencia é a elite funcionarial do país pola súa constante actualización e cometidos, ten que retribuílo en sintonía. Porque a día de hoxe está mellor pagado o persoal de outros organismos da Administración Xeral do Estado, e que se non quere retribuír, cando menos que abra a porta a podermos concursar a outros organismos para poder mellorar as nosas condicións laborais e retributivas. Pero se negan. Ao que se ve, unha cousa é que te queiras ir voluntariamente e outra que te queiran tirar pola fiestra eles cando deciden que non fas falla porque vas cobrar demasiado...Cando menos, a AEAT e Función Pública deberían garantir que estas compañeiras e compañeiros permanezan nun posto coa categoría e nivel que lle corresponda, na mesma localidade ou nunha próxima para non verse obrigadas a emigrar

A lealdade da CIG é en primeiro lugar coas traballadoras e traballadores da AEAT. Non entendemos que a Dirección da AEAT estea a pagar peaxe a determinadas organizacións coa vida e as condicións de traballo de outra parte do persoal. E advertimos que valoramos todas as vías para garantir que estas persoas poidan manter o seu destino na AEAT tras pasar o proceso selectivo

A loita é o único camiño!