A AEAT negocia ás agachadas: exclusión sindical e pacto de paz
O pasado 26 de maio a Directora Xeral da AEAT convocou a SIAT, UGT e GESTHA a unha negociación da que excluíu deliberadamente ás restantes organizacións con representación na mesa xeral da AEAT.
A CIG, sindicato asinante do Acordo AEAT-Sindicatos sobre Relacións Laborais e Dereitos Sindicais do 29 de xullo de 2003, non foi convocada. Non houbo erro, non houbo esquecemento: foi unha exclusión deliberada. E iso que a CIG ten recoñecida a condición de sindicato máis representativo e que ese recoñecemento legal dá dereito a participar plenamente nos órganos de representación.

De inmediato, diante desta vulneración de dereitos fundamentais, a CIG presentou un escrito exixindo á Directora Xeral da AEAT que poña fin de inmediato a esta tentativa ilegal de negociación, que facilite ás organizacións excluídas por ela a proposta de Acordo que entregou a SIAT, UGT e GESTHA e reservándose emprender cantas accións legais considere para garantir o dereito á negociación colectiva. A Directora Xeral da AEAT deu a calada por resposta.
Da xuntanza coñecemos a versión que deu unha das organizacións participantes e o borrador de Acordo, que leva días circulando libremente por todas as canles internas e externas da AEAT, accesible para calquera traballador ou traballadora que quixese consultalo. Non é a CIG quen desvela nada: é a propia Dirección da AEAT quen non foi quen de manter a discreción dun proceso que, paradoxalmente, tentou blindar excluíndo sindicatos con representación lexítima.
E que di ese Acordo: Omertá e mercadeo de liberados sindicais
O borrador de Acordo que a Directora Xeral da AEAT propuxo a SIAT, UGT e GESTHA di querer cubrir os tramos altos da carreira para ter persoal con capacidade de asumir as tarefas "máis complexas" e cun "maior nivel de responsabilidade" -isto é, sen garantir unha Carreira universal aplicando o Acordo de Carreira, buscar cubrir as tarefas que asumían o persoal con tramos 5 e 6 que se foron xubilando. Mais hai dous puntos especialmente rechamantes…

Punto 8: os dereitos sindicais como moeda de cambio
O punto 8 obriga a cada organización sindical a escoller entre os dereitos recoñecidos no Acordo de 2003 ou os que lle correspondan polo Acordo da Mesa Xeral da AGE: ou un ou outro, nunca os dous. Este mecanismo permite á Dirección da AEAT decidir quen representa aos seus traballadores e en que condicións, utilizando os dereitos sindicais como instrumento de presión e non como garantías irrenunciables. O reparto das garantías sindicais non pode ser unha negociación á carta entre a administración e uns poucos, á marxe do resto das organizacións con representación lexítima.
Punto 9: a venda da capacidade de conflito
O punto 9 é, sen rodeos, unha cláusula de paz social: os sindicatos asinantes comprométense a non convocar accións de conflito colectivo até finais de 2027. A Directora Xeral da AEAT compra así dous anos de silencio a cambio dun acordo que recoñece no seu propio texto os problemas estruturais da organización (provisión de postos, carreira profesional bloqueada, falta de persoal en tramos superiores) sen resolvelos de forma urxente nin extraordinaria. Pídese silencio até 2027 a cambio de nada.
A Directora Xeral da AEAT terá que dar a cara no Congreso
A Directora Xeral da AEAT, que tiña que facilitar ese Acordo a toda a mesa xeral cuxa convocatoria urxente solicitamos, dá a calada por resposta. Non pasa nada, se a Directora Xeral da AEAT non quere dar explicacións na Mesa Xeral xa as dará no Congreso. E veremos se no xulgado.
Reunións á marxe dos sindicatos que non interesa ter presentes. Acordos que recoñecen os problemas pero non os resolven. Cláusulas que compran o silencio sindical. Retallamento de dereitos básicos do persoal. Este é o modelo de relacións laborais que a dirección da AEAT está a construír.
A CIG non negociaría nunca un Acordo como o que propón a Directora Xeral. Non tivemos ocasión de tirarllo á cara porque non nos convidou, intuíndoo. A nosa presenza nas mesas de negociación é para defender os dereitos do persoal, non para retallalos.
A loita é o único camiño!