
A AEAT non se move tampouco nas súas propostas para a promoción interna: nin reducción de exercicios e temarios, nin reserva de provincia

Mais no documento que puxo sobre da mesa no mesmo intre de iniciar a xuntanza, non dá ningunha solución para que funcione: nin reducción de temarios, nin exención de exercicios, nin modificación de probas para evitar a simple memorización de contidos. A Dirección da AEAT négase a comprometer por escrito a manter a reserva de localidade e/ou provincia, que para a CIG é unha liña vermella
Tampouco se abren a modificar a dinámica dos actuais cursos selectivos, dado que nin propoñen facelos realmente útiles para a formación do persoal nin contemplan impartilos descentralizados- sequera a nível de Delegación Especial- e a distancia para garantir a conciliación e a reducción de custos para o persoal que asiste a eles. E tampouco contemplan que haxa varias sedes para os exames, obrigando ao persoal a acudir a facer o exame a Madrid, con cantos prexuízos supón
Tampouco se comprometen a garantir a formación para o persoal que queira seguir a promoción interna, garantindo a cota de mercado para preparadores privados aonegarse a que La Academiacubra o 100% da demanda formativa para a promoción interna
Por outra banda, non entenden que os C1 de Corpos Xerais, que non teñen a especialidade tributaria, non están interesados en adquirila dado que agora mesmo, pola diferenza de produtividade que cobrarían, perden a opción de poder saír da AEAT cara outros organismos onde se cobra máis e propoñen celebrar as probas para adquirir a especialidade cada dous anos...
E finalmente, exclúe do modelo de promoción interna aos A1. Estudarase o seu modelo de promoción é todo o compromiso que asume a Dirección da AEAT
Desde a CIG reiteramos a nosa opinión e propostas sobre por onde debe ir o modelo de promoción interna e lamentamos, máis unha vez, a perda de tempo que supón que a AEAT convoque unha mesa de negociación para dar a proposta por escrito ao sentar, sen tempo para analizar e colectivizar o contido e preparar contrapropostas coa excusa de querer “escoitar”. Levan oíndo- escoitando está claro que non- ano e medio, mais.....