A CIG advirte ao novo director xeral da AEAT da urxencia de atallar a perda de poder adquisitivo do seu persoal
No día de onte unha representación da CIG mantivo unha xuntanza co novo Director Xeral da AEAT e mais co novo Director do Departamento de RRHH, para que nos presentasen as súas prioridades.
Desde a CIG advertimos que é urxente atallar a perda de poder adquisitivo do persoal da AEAT. Diante dunha perda acumulada de máis do 20% do valor real das retribucións pola alza do prezo da vida, co problema de acceso á vivenda debido á súa carestía e con cada vez máis persoal da AEAT en situación de pobreza laboral, mesmo cobrando en casos por baixo do SMI, e uns complementos específicos fosilizados e sen actualizar desde a aprobación do Acordo de Carreira de 2007 a prioridade absoluta ten que ser reverter a situación de empobrecemento continuo e acelerado do persoal da AEAT.

Na CIG cremos que non hai tempo material xa para seguir a enredar nun quítame alá esas pallas en interminábeis debates bizantinos sobre se o acordo de carreira é legal ou non, se pode actualizarse ou non, se ten que ir vinculado ou non ao teletraballo... A prioridade, a urxencia, o que non pode agardar, é dar volta á situación de empobrecemento continuo e acelerado do persoal da AEAT.
E para reverter esta situación de empobrecemento hai mecanismos suficientes e hai cartos. Aínda o Consello de Ministros ven de aprobar destinar uns cantos millóns de euros para retribuír o sobresforzo do proceso de regularización en estranxeiría. Nada impide que acorde tamén actualizar os complementos específicos do persoal da AEAT!
Non hai tempo xa. Unha vez resolta esta cuestión urxente- que o persoal da AEAT poida chegar a fin de mes e aforrar- será o momento de todo o demais. Primeiro o urxente, logo o necesario.
A situación das administracións, bases e flota galega do SVA
Na xuntanza tamén trasladamos a necesidade de seguir a reforzar a dotación das administracións da AEAT en Galiza para ofrecer un servizo público de calidade ao pobo galego e non obrigar ao atendemento telefónico ou a realizar desprazamentos innecesarios. Do mesmo xeito, insistimos na necesidade de dotar axeitadamente as bases do SVA en Galiza, tanto de medios materiais como do persoal necesario, e insistimos na urxencia de contar cunha flota axeitada á costa galega e que Galiza non siga sendo o cemiterio no que deixar os barcos que xa esgotaron a súa vida útil noutras bases.