A CIG CONVOCA OUTRA CONCENTRACIÓN ANTE A FALTA DE INFORMACIÓN DAS MEDICIÓNS DO GAS RADON NOS EDIFICIOS XUDICIAIS

Luns, 26 Out 2026

A CIG convoca nova mobilización o vindeiro 28 de outubro, ás 12:00 horas, diante da Fiscalía Provincial da Coruña, no edificio da antiga fábrica de tabacos, ante a falta de información e a demora inxustificable na entrega dos resultados de medición do gas radon.

Denunciamos publicamente a demora inaceptable da Dirección Xeral de Xustiza na entrega dos resultados das medicións de gas radon realizadas nos edificios xudiciais de Galiza, unha información preventiva que afecta directamente á seguridade e á saúde das traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza.