A CIG demanda a retirada das moquetas da Delegación Especial
Na última reunión do Comité de Seguridade e Saúde da Coruña desde a CIG solicitamos a retirada da moqueta dos corredores e espazos de traballo da Delegación Especial, e por extensión de calquera outro espazo de traballo que teña a AEAT en Galiza con este piso.
Son moitas as persoas que nos teñen transmitido queixas polos efectos que sobre o seu confort ten este tipo de pavimentos. Na CIG non dubidamos que as compañeiras do servizo de limpeza realizan o seu traballo con todos os medios ao seu alcance, para manter limpo este pavimento, mais hai determinados efectos da moqueta no benestar do cadro de persoal da AEAT que non teñen que ver con que estea limpa. O cheiro que desprende a mesma- nomeadamente en lugares como a Administración da Coruña- fai pensar que, máis cá un problema de limpeza, estamos diante dos efectos dos compoñentes da propia moqueta ou dos produtos químicos (porque non é un cheiro orgánico, non ule a algo pasado ou rancio) utilizados para fixala ao chan, que afectan á calidade do aire e, polo tanto, á propia saúde das persoas que traballan.

As moquetas, como todas as alfombras, liberan compostos orgánicos volátiles (COV), en maior ou menor medida, debido a un proceso coñecido como desgasificación. Estes poden ser de varios tipos, segundo a súa composición química:
- Formaldehído: Utilizado na industria como axente conservante e adhesivo.
- Organoclorados: Unha colección de potentes produtos químicos, incluídos pesticidas, disolventes e líquidos de limpeza.
- Outros COV atópanse en mobles, tecidos e diversos artigos domésticos.
Diante desta situación, desde a CIG propuxemos no comité de seguridade e saúde retirar este tipo de pavimentos e a súa substitución por outro tipo de chan inocuos que garantan unha mellor calidade do aire e menos incidencias sobre a saúde do persoal da AEAT, e trasladar a decisión a todos os centros da AEAT en Galiza que teñan moqueta nalgún dos seus espazos de traballo.