A CIG demanda limitar as excepcións ó dereito a desconexión dixital

Venres, 06 Mar 2026

Volvemos a outro Grupo de Traballo de Protocolos, sobre desconexión dixital e sobre emerxencias meteorolóxicas. E volvemos ás andadas coa Administración.

 

O 20 de marzo foi a anterior reunión sobre isto. A CIG xa protestou aquel día porque a Administración presentouse coas mans valeiras porque “non tivo tempo”.

 

Desconexión dixital

Onte algo trouxo. De palabra, sen ningunha proposta por escrito, explicaron unha visión global do que eles entenden por desconexión dixital. Aceptan que só se poida vulnerar esa desconexión en casos xustificados por unha necesidade urxente que pode afectar á prestación do servizo. Pero logo veñen as excepcións, ou exemplos que eles consideran xustificados. Comprométense a enviar unha proposta por escrito.

 

CIG reclamou pór límite a esas excepcións e deixar claro certos casos que non son excepcións. Ademais tamén reclamou que exista un órgano ao que o persoal poida acudir para dirimir se certas actuacións efectivamente poden considerarse xustificadas ou deben cesar por vulnerar o dereito á desconexión dixital.

 

Emerxencias climatolóxicas

Parece ser que a Administración tampouco tivo tempo esta vez de avanzar nada neste asunto. Igualmente se comprometen a enviar unha proposta por escrito. A ver se é desta...