A CIG denuncia a escaseza de persoal e a modernización da RPT dun Ministerio baixo mínimos

Martes, 23 Dec 2025

O día 16 de decembro tivo lugar a reunión na sede do ministerio de Transportes a Mesa Delegada, presidida polo Subsecretario e organizada pola Dirección xeral de Organización e Inspección, dependente da Subsecretaría. Esta convocatoria da cumprimento á periodicidade semestral da mesma, trala anterior reunión do día 4 de xuño. 

A Mesa Delegada é o máximo órgano de negociación das condicións de traballo do persoal deste departamento como recolle o EBEP. Á Mesa Delegada asisten os directores xerais sectoriais, representantes dos centros directivos e da subdirección xeral de rrhh. 

En primer lugar debemos sinalar o feito de que a Administración pretende vender como negociación unha política de feitos consumados, onde de antemán xa está todo pensado e orquestado con escasas posibilidades de cambio salvo moi contadas excepcións.  O papel da CIG como organización maioritaria en Galiza  rexeita esta forma de proceder, na que o Ministerio volve demostrar que  concibe a negociación como un trámite para lexitimar acordos xa pechados. O habitual é que as propostas feitas dende a Administarción cheguen xa case pechadas, normalmente co entusiasmo dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, dispostos a facilitar ó traballo á Administración antes que a defender os dereitos dos traballadores. 

Un dos puntos máis importantes para a CIG nesta reunión era poñer de manifesto a crecente importancia da estrutura periférica do departamento, en particular en Galicia, na execución de políticas públicas e de prestación de servizos públicos. Non equivocamos o diagnóstico de que a estructura periférica, sen ánimo alarmista, está “tocada de morte” cun forte impacto na calidade dos servizos por varios motivos: 

  •  Reducción drástica nos últimos vinte anos das plantillas de persoal destinado en servizos periféricos, con especial fincapé no ámbito do persoal laboral que pode chegar ó 40%, cunha perda de máis de 1.500 efectivos. Esta acuciante falta de persoal conleva numerosas ineficiencias, como a demora nos tempos, ausencia de control independente, descoñecemento e falta de inventario, acumulación de sentenzas en contra dos intereses da administración, etc. 
  •  Os niveles retributivos son baixos e non asociados ás funcións realmente desempeñadas (equiparación de niveis de entrada e de específicos para postos con funcións análogas). Asemade, existe un claro desaxuste dos postos das RPTS ás necesidades actuais, o que provoca un elevado número de vacantes derivadas da difícil cobertura. O uso xeralizado dos encargos a medios propios para paliar os déficits estructurais en plantillas con realización de funciones xurídico-administrativas ocasiona un incremento de reclamacións por cesión ilegal de traballadores. As deficiencias estructurais de persoalmitíganse con encargos a medios propios. O funcionamiento estructural das unidades periféricas da Dirección Xeral de Estradas está en gran parte baseado no persoal externo para realizar funcións ordinarias (Ineco). 
  •  A obsolescencia procedimental (falta de actualización e normalización dos procesos) xenera problemas xeralizados de xestión (retrasos, incremento da litioxidade, etc.) así como un baixo nivel de dixitalización na tramitación dos procedementos do noso Ministerio. 

Na mesa delegada a CIG expón toda esta problemática e a reposta da Administración é a parálise do programa piloto da Dirección Xeral de Estradas denominado SATA (sistema de apoio técnico-administrativo) para executar, en un principio,  no periodo 2025/2028. Dende o sindicato CIG recordamos a importancia de reactivar as reunións dos diferentes grupos de traballo de plantillas. A maioría dos grupos de traballo dos diferentes centros directivos non contempla unha planificación e o desenrolo de novos organigramas para detectar as necesidades de persoal. É preciso rediseñar as RPTs para equiparar as retribucións dos postos que realizan as mesmas funcións pero teñen diferentes específicos por pertencer a corpos distintos. 

Outras consideracións acadadas na reunión: 

Constitución de dous grupos de traballo; un para o reparto da productividade do persoal laboral e outro para a aprobación dun novo plan de prevención. No ámbito da Prevención de Riscos, faise especial fincapé ó seguro de cobertura para empregados do departamento, entrega e caducidade dos EPIs e evaluación de riscos psicosociais. Cabe salientar o rotundo fracaso da evaluación de riscos psicosociais derivada da baixa participación na enquisa , e o noso sindicato CIG estima oportuno proceder a iniciar ós trámites para un novo contrato de evaluación, cousa que a Administración dixo que así fará. 

No ámbito da Igualdade, a Administración informa que en xaneiro será enviado un cronograma para o próximo semestre da estratexia de igualdade do departamento. É de subliñar que existe un plan de igualdade vixente e publicado no BOE que aínda non se está a cumprirsendo prioritario dar cumprimento do mesmo á maior celeridade. 

administración bota balóns fóra hacia Función Pública do desenrolo de moitos aspectos relativos a planificación estratéxica de RRHH en aplicación do RD-ley 6/23 de 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servicio público de justicia, función pública, régimen local e mecenazgo. É de prever a futura desaparición do complemento de produtividade (en moitas administracións xa foi sustituído por carreira profesional e grado profesional), a creación do complemento do desempeño (que haberá que ver cómo se articula unha evaluación do desempeño obxectiva), a creación de áreas funcionais respecto á mobilidade do persoal, a perda de prazas baleiras durante tres anos e outros aspectos todavía por desenrolar pero que deberán ser tratados co máximo rigor para evitar caer en favoritismos e decisións discrecionais. 

O sindicato CIG estará vixiante ante unha situación insostible de persoal e carga de traballo nun departamento cuns niveis retributivos moi baixos en comparación co resto da función pública –xa non digamos coa administración autonómica– e de numerosas ineficiencias derivadas da falta de persoal, prazas que saen a concurso  cando están ocupadas previamente en comisión de servizodecisións discrecionais en canto ó reparto da produtividade (complemento a extinguir en favor do complemento de desempeño ou da carreira profesional) ou da asignación das tarefas e do teletraballo.