
A CIG denuncia a falta de solucións o conflicto dos Inspectores de Pesca

Xa pasoron 3 meses dende a última reunión mantida entre sindicatos e a Administración Central. Nesa reunión do pasado mes de Novembro, dende a CIG aceptamos a invitación para entrar a negociar a mellora retributiva en base a un modelo de Productividades para o colectivo dos Inspectores de Pesca Marítima. Lembrar que o noso conflicto dos IPM leva máis de 2 anos latente. De feito tras a Concentración feita co gallo das Xornadas de Pesca en Celeiro, a Secretaria Xeral de Pesca, Dª Isabel Artime, aceptou recibirnos neste mes de Xaneiro sen que polo de agora exitan noticias.
É por eso que ante este silencio da Administración, na CIG valoramos retomar as mobilizacións. En concreto sería unha CONCENTRACIÓN de PROTESTA co resto de sindicatos convocantes diante da “Axencia de Control Europea da Pesca” (EFCA) o vindeiro 03 de Marzo, coincidinto co Día da NATUREZA.
Dende a CIG consideramos necesario que nos sentemos para buscar un acordo nunha negociación que permita pechar un conflicto que ao noso entender se extende de máis no tempo.
Debemos lembrar que o Colectivo de IPM ascende a un total de 178, tras as últimas 11 incorporacións, distribuídos entre Madrid e o resto da periferia peninsular. Dentro das funcións máis destacables, o colectivo de IPM realizan o control das capturas desembarcadas así como das importacións de productos pesqueros procendentes de terceiros países