A CIG denuncia a limitación das permanencias e vacantes preferentes na promocion interna da SS
Desde a CIG queremos denunciar unha nova limitación imposta por Función Pública nos procesos de promoción interna da Seguridade Social, que xa se produciu en convocatorias anteriores e que agora pode repetirse no proceso de Xestión da Seguridade Social (GASS).
A Subdirección Xeral de Procesos Selectivosdecidiu, de maneira unilateral e sen xustificación, impedir que o persoal poida optar polapermanencia ou vacante preferente, obrigando ás persoas que promocionan a pasar directamente áelección de destinos. Isto afectou xa ao persoal administrativo e agora pode volver a suceder.
Esta decisión é inxusta, arbitraria e contraria á normativa vixente (Real Decreto 364/1995), que recoñece esas opcións. Ademais, xera inseguridade xurídica e prexuízos graves tanto para as persoas traballadoras como para o propio servizo público.
As consecuencias son moitas: O persoal promocionado vese obrigado a aceptar destinos lonxe do seu lugar de traballo actual, mesmo connivel inferior, Isto implica traslados forzosos, dificultades de conciliación e, en moitos casos, mudanzas de residencia familiar; ademais moitas persoas optarán pola excedencia, deixando prazas sen cubrir e deteriorando o servizo público da Seguridade Social.
Esta política, en vez de fomentar a carreira profesional e a promoción interna, desincentiva o esforzo e penaliza o mérito, contradicindo os propios discursos da Administración sobreretención de talento e conciliación laboral.
A CIG ven de remitir escritos a Función Pública e á Subsecretaría instando a corrixir esta situación e a garantir que nos procesos de promoción interna se respecten todas as opcións que a lei permite. Non aceptaremos decisións arbitrarias que recorten dereitos e empeoren as condicións do persoal da Seguridade Social.