A CIG esixe a convocatoria urxente da mesa de horarios na AEAT para aplicar as 35 horas
Tras a publicación da nova regulación estatal en materia de xornada e horarios na Administración Xeral do Estado, a CIG vén de solicitar formalmente á Dirección de Recursos Humanos da AEAT a convocatoria urxente da mesa de negociación do acordo horario.
A nova normativa introduce cambios relevantes, entre eles a implantación da xornada de 35 horas semanais e a ampliación das medidas de conciliación, incluíndo expresamente ás persoas coidadoras. Estes cambios deben ser trasladados ao ámbito da AEAT mediante a correspondente negociación, tal e como establece a normativa vixente.
A CIG xa manifestou en anteriores comunicados a súa posición crítica co feito de que a implantación das 35 horas se leve a cabo mediante unha resolución, sen a suficiente garantía legal nin cobertura normativa sólida. Con todo, non imos renunciar a consolidar estes dereitos no ámbito da AEAT, nin a que se materialicen en condicións reais e efectivas para todo o persoal.
Desde a CIG consideramos imprescindible que esta adaptación se faga con garantías, evitando interpretacións restritivas ou aplicacións desiguais entre centros de traballo.
Non imos permitir que:
– A redución de xornada quede en papel mollado.
– A súa aplicación dependa de criterios discrecionais.
– Se produzan diferenzas entre territorios ou unidades.
– Se utilicen as “necesidades do servizo” como escusa para limitar dereitos.
Por iso, esiximos:
– A adaptación inmediata do acordo horario da AEAT á xornada de 35 horas.
– O desenvolvemento real das medidas de conciliación.
– A garantía dunha aplicación homoxénea en toda a AEAT.
– Que non se incremente a carga de traballo nin se deterioren as condicións laborais.
A CIG seguirá defendendo que os avances recoñecidos na normativa se convertan en dereitos reais e efectivos para todo o persoal, e non nunha simple declaración sen aplicación práctica.
SE NON HAI NEGOCIACIÓN REAL, NON HABERÁ DEREITOS REAIS