A CIG fará o que estea na súa man para recuperar o poder adquisitivo do persoal da AEAT
A Dirección da AEAT leva anos nunha política involucionista que pretende retallar dereitos do persoal da Axencia e precarizaras súas condicións laborais. Temos un traballo estábel, mais precario e mal retribuído: cuns salarios que se actualizan moi por baixo do IPC e cuns complementos fosilizados no 2007pretenden que fagamos vida en 2026. E dá igual quen ocupe a Dirección Xeral da AEAT
Na CIG levamos tempo advertindo da necesidade de enfrontar estas políticas da Dirección da AEAT cunha fronte sindical unitaria. Nós cedemos na busca dese acordo malia entender que non hai tempo material máis que para forzar a actualización das retribucións para frear a perda de poder adquisitivo. Malia nós ceder, non foi posíbel

Algún dos mellores acordos en vigor na AEAT foi acadado e aprobado en períodos de impasse similares ao actual. Nada impide seguir apremer na Dirección da AEAT e forzar a actualización das retribucións do xeito que sexa. Despois de todo, ningunha organización política pode permitirse perder o apoio de todas ou parte das 27.000 persoas que traballan na AEAT!
Fronte ao lamento, a CIG aposta polamobilización contra a perda de poder adquisitivo. Porque entendemos que non hai un segundo que perder, porque urxe atallar o empobrecemento do persoal da AEAT e do conxunto da Administración. Seguimos en conflito e por nós non vai ser, faremos canto estea na nosa man. A loita é o único camiño!