
A CIG OPONSE A QUE SE IGNORE A ANTIGÜIDADE PARA AS PRAZAS ESPECÍFICAS

Nunha primeira mesa de negociación sobre as bases dos concursos específicos para cubrir as prazas de xefaturas de equipo, a Dirección Xeral propuxo un texto idéntico ao dos anteriores concursos deste tipo celebrados para os postos da Fiscalía, recollendo a puntuación que establece como máximo o art. 48 do RD 1451/2005 tanto para a antigüidade como para o resto de méritos: 60 puntos máximo e antigüidade, correspondentes a 30 anos de servizo, 12 de máximo de coñecemento da lingua galega e 43 máximo por méritos.
Na reunión do grupo de traballo celebrada por videoconferencia o día 23 de xuño, o sindicato Alternativas-CUT propuxo a reducción da puntuación de antigüidade á metade. Na convocatoria da mesa sectorial do día 26 de xuño a Administración enviou unha segunda versión do documento na que se reducía a antigüidade, limitándoa a só 24 puntos como máximo, é dicir, a partir dos 12 anos de antigüidade todo o mundo ten a mesma puntuación nese apartado, recollendo así a proposta de AXG-CUT.
Nesa reunión, a CIG foi a única central sindical que defendeu o texto inicial, que como dixemos é que o se veu empregando ate o de agora e é o que, por exemplo, empregou o Ministerio no mes de marzo deste ano no concurso específico que convocou para esas prazas que el si que ten en localidades da Fase I.
Outra vez os traballadores e traballadoras galegos despreciados polos seu representantes sindicais: primeiro, non quixeron prazas específicas nas vilas da Fase I porque alegaron que “xa sabemos como somos”; polo que parece, peores que os do territorio Ministerio, onde si defenderon a creación desas prazas. E agora menosprecian a antigüidade do persoal, valorando o mesmo ter traballado 12 anos que 30. Por que se presupón que é mellor que alguén teña unha licenciatura en Dereito que alguén teña 30 anos traballados para exercer unha xefatura? Ao mellor non tiveron as dúas a mesma oportunidade de estudiar. Por riba aquí tamén se producen fendas de xénero, posto que a maior idade a diferencia entre as mulleres con títulos universitarios e os homes se incrementa.
A CIG xa se opuxo nesa mesa do día 26 a que se tome como definitiva esa segunda versión e se volvera á orixinaria, na que a antigüidade se valoraba como máximo con 60 puntos. E seguiremos defendendoa ate o final.
NON Á LIMITACIÓN DA ANTIGÜIDADE NO CONCURSOS ESPECÍFICOS!!!