A CIG PIDE MEDIDAS DE REFORZO ANTE O PECHE DO XULGADO BIS DE CLAÚSULAS CHAN

O Faro de Vigo faise eco da demanda na súa edición dixital do 14 de novembro
Martes, 14 Nov 2023

Ante o inminente peche do xulgado de cláusulas chan bis, aberto en 2017, a CIG elevou un escrito ao TSXG para que se manteña a letrada xudicial e os/as funcionarios/as de reforzo para que non se colapse o Xulgado de Primeira Instancia 14, xa que a sala que vai pechar aínda ten unha pendencia de 220 demandas para xuízo e máis de 400 execucións.

Aquí tes a ligazón da nova publicada no Faro de Vigo:

Faro de Vigo CIG peche xulgado claúsulas chan bis