A CIG reclama a convocatoria urxente do concurso de traslados e a axilización dos procesos selectivos pendentes
Na mesa delegada celebrada hoxe por videoconferencia co Ministerio de Xustiza, a CIG solicitou a convocatoria urxente do concurso de traslados e a axilización dos procesos selectivos pendentes.
En concreto, reclamamos a inmediata oferta de destinos ás persoas aprobadas na OEP de 2023, correspondente á Orde PJC/64/2024, así como a publicación da correspondente resolución no que resta de ano.
Pola súa banda, o Ministerio manifestou que, polo momento, non pode concretar ningunha data para a convocatoria do concurso de traslados nin establecer un cronograma para os procesos selectivos pendentes. Non obstante, comprometeuse a facilitar datas concretas nun prazo de dúas semanas.
Desde a CIG estaremos pendentes do cumprimento deste compromiso e seguiremos esixindo que se axilicen os procedementos pendentes e se dea resposta á necesidade de avanzar na cobertura das prazas