A CIG RECORRERÁ O CAMBIO DE MAXISTRADO-POÑENTE NA DEMANDA SOBRE O ACORDO ENTRE IMPULSA GALICIA E ALTRI

Mércores, 08 Abr 2026

A CIG pedirá que se inaplique a modificación da composición das Seccións Terceira e Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, por entender que se trata dunha decisión contraria a dereito, e anuncia que presentará recurso de reposición contra o cambio de poñente no proceso xudicial relativo ao acordo entre a sociedade Impulsa Galicia e Altri, ao constituír unha vulneración do dereito ao tribunal predeterminado por lei.

No día de onte, a central nacionalista recibiu providencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza comunicando o cambio de Maxistrado-Poñente na demanda contecioso-administrativa presentada contra a resolución da Comisión da Transparencia non admitindo a reclamación da CIG pola falta de contestación de Impulsa Galicia á petición de información sobre o proxecto Altri.

A solicitude da CIG de acceder á documentación a respecto da “iniciativa tractora” para a transformación de madeira en fibra téxtil e a escolla de Altri como “investigador e tecnólogo” non só non recibiu resposta, senón que pouco despois e en pleno período estival, a sociedade público-privada anunciou a súa disolución.

Para máis información preme na ligazón:

https://www.cig.gal/nova/cig-recorrera-cambio-ponente-demanda-impulsa-galicia-altri.html