A CIG rexeita o Novo Modelo de Navegación para facer Buques de Operacións Especiais low cost
A CIG ven de manifestar na mesa xeral da AEAT o seu rexeitamento ao Novo Modelo de Navegación que propón a Dirección da AEAT para os buques de máis de 35 metros de eslora que non sexan o Petrel e o Fulmar.
A proposta da Dirección da AEAT pasa por facer embarcar cinco días completos á mariñeiría do SVA en operativo, mais non retribuír todas as horas deses días (só 14 das 24 h que estarán forzosamente a bordo) en tripulacións de 12 persoas. Sen lecer, sen intimidade, sen desconexión, sen posibilidade de conciliación mais tamén sen opción a sumarse voluntariamente ou non a este modelo dado que non hai concursos de carreira vertical para os Buques de Operacións Especiais.
A proposta da Dirección da AEAT pasa por facer embarcar cinco días completos á mariñeiría do SVA en operativo, mais non retribuír todas as horas deses días (só 14 das 24 h que estarán forzosamente a bordo) en tripulacións de 12 persoas. Sen lecer, sen intimidade, sen desconexión, sen posibilidade de conciliación mais tamén sen opción a sumarse voluntariamente ou non a este modelo dado que non hai concursos de carreira vertical para os Buques de Operacións Especiais.
Unha situación aínda máis precaria se temos en conta as limitacións deste modelo diante dunha eventual aprehensión doutro barco, onde exixe custodias de barco e persoas detidas, sen calabozo, sen persoal sanitario embarcado para atender incidentes...
Desde a CIG cuestionamos a liña que está a ter a Dirección da AEAT coa súa política low cost: sen executar o acordo de carreira, coas retribucións conxeladas en complementos específicos de hai 20 anos, coas dietas por saídas fosilizadas hai case outros tantos e cunha perda de poder adquisitiva acumulada do 20% agora pretende precarizar tamén o Servizo de Vixilancia Aduaneira armando buques de operacións especiais máis pequenos, limitados e sen retribuír todas as horas de traballo- todas as que está a bordo- do persoal. Unha volta de pórca máis na precarización do cadro de persoal da AEAT.
Desde a CIG saudamos o anuncio de que unha das tres embarcacións incautadas ao Lila Mumbay estará destinada a Galiza dado que a precariedade de buques das nosas bases é o que fai que o SVA sexa previsíbel para a delincuencia. Mais entendemos que estes barcos- cuxo uso propuxemos durante moito tempo- non están preparados para calquera tipo de navegación- como tampouco está o barco de Muros para máis que para dar unha volta pola ría. E nese sentido, cuestionamos que a proposta estea inzada de condicionais, a palabra “previsiblemente” e referencias ás “necesidades do servizo” que fan entender que, como ven sendo habitual, se faga unha lectura interesada e un uso destes barcos para o que non están preparados.
Por este motivo, advertimos que unha proposta así era doada de resolver: se queren condicións de navegación como as dos buques de operacións especiais en estas embarcacións, aplicar a parte do acordo horario relativo a eles ao persoal que se embarque nelas. Sen máis.
En consecuencia, a CIG pediu a retirada do documento e que presente, de ser o caso, unha proposta neste sentido que teña en conta que, ademais de efectivos a bordo dun buque, o persoal do SVA ten dereito a ter a súa vida e a que se lle pague xustamente polo desempeño dunha profesión cos riscos que esta ten.