A CIG SOLICITA A INCLUSIÓN DE CINCO ASUNTOS NA ORDE DO DÍA DA PRÓXIMA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA

Luns, 26 Out 2026

Ante a inminente convocatoria da Mesa Sectorial de Xustiza, a CIG solicitou á Dirección Xeral de Xustiza a inclusión de varios asuntos que consideramos prioritarios para abordar as problemáticas que afectan o persoal da Administración de Xustiza en Galiza.

En concreto, solicitamos que se incorporen á orde do día os seguintes puntos:

  • Teletraballo: situación actual e cuestións pendentes.
  • Horario: prolongacións de xornada.
  • RPT: funcións e equipos de traballo.
  • ATENEA: formación do persoal ante a implantación do novo sistema.
  • Gardas de 24 horas: situación no IMELGA e nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo

A CIG considera imprescindible que estes asuntos se aborden e negocien na Mesa Sectorial, evitando que continúen acumulándose problemas sen respostas nin solucións. O persoal da Administración de Xustiza precisa compromisos concretos por parte da Dirección Xeral, e non máis demoras nin escusas.