A Comisión Subdelegada confirma a posta en marcha do plan de gravación da regularización
Na reunión celebrada hoxe, 16 de xullo, da Comisión Subdelegada de Servizos Territoriais da
Mesa Delegada, a Administración comunicou que, finalmente, o Ministerio de Inclusión,
Seguridade Social e Migracións aceptou a posta en marcha do plan para a gravación de
expedientes do proceso extraordinario de regularización.
O plan terá unha duración aproximada dun mes e medio e establecerá unha compensación
económica de 10 euros por cada expediente gravado.
Como paso previo ao seu inicio, remitirase un cuestionario ao persoal para coñecer a
dispoñibilidade de participación e poder realizar unha estimación do número de persoas
participantes e do crédito orzamentario que será necesario solicitar ao Ministerio de Facenda.
Segundo a información trasladada pola Administración, a intención é que o plan poida comezar
ao longo deste mes de xullo.