
A Direción da AEAT pretende impoñer sen acordo coa parte social o novo modelo de información e asistencia

A reunión celebrada o pasado día 27 pechouse sen acordo posto que a Direción da AEAT non se moveu na súa premisa de implementar o modelo sobre a base de “persoal voluntario” que asumira estas tarefas a cambio dunha produtividade adicional para retribuír o horario “especial” até as 19h.
Desde a CIG insistimos en que as prazas suxeitas a este modelo teñen que ser retribuídas mediante un complemento específico axustado ás tarefas e ofertarse a cobertura mediante concurso/panel. O contrario supón abrir unha ADI a prezo de saldo e en condicións máis precarias, posto que a intención da AEAT é poder separar do modelo a quen os xefes queiran.
Ver NOTA INFORMATIVA