A informática tributaria e o persoal da Axencia. A formación como alternativa real á externalización
Na última Mesa de Seguimento de Formación, a CIG comprometeuse a enviar ao Departamento de Recursos Humanos unha lista de cursos específicos para os corpos informáticos da AEAT. Hoxe facemos público ese envío e queremos explicar por que o consideramos importante, porque vai máis aló dunha simple solicitude de formación.
Ao longo desta serie de notas analizamos como a AEAT destinou máis de 472 millóns de euros en contratos externos para cubrir funcións informáticas no cuadrienio 2023-2026. Falamos de contratos para operar os Centros de Proceso de Datos, para xestionar a seguridade da infraestrutura, para manter os ecosistemas tecnolóxicos da Axencia, para virtualizar sistemas e redes. Funcións que, en moitos casos, podería desempeñar o persoal funcionario propio da AEAT se tivese a formación adecuada e os paneis de mobilidade necesarios para acceder aos postos correspondentes.
Ao longo desta serie de notas analizamos como a AEAT destinou máis de 472 millóns de euros en contratos externos para cubrir funcións informáticas no cuadrienio 2023-2026. Falamos de contratos para operar os Centros de Proceso de Datos, para xestionar a seguridade da infraestrutura, para manter os ecosistemas tecnolóxicos da Axencia, para virtualizar sistemas e redes. Funcións que, en moitos casos, podería desempeñar o persoal funcionario propio da AEAT se tivese a formación adecuada e os paneis de mobilidade necesarios para acceder aos postos correspondentes.
A lista que enviamos ao Departamento de RRHH inclúe cursos organizados en catro áreas: linguaxes de programación, sistemas e metodoloxías, sistemas de redes e ecosistemas tecnolóxicos. En total, máis de 60 cursos específicos ordenados por prioridade dentro de cada área.
Pero hai un subconxunto desa lista que queremos destacar especialmente. Son os cursos directamente relacionados coas tecnoloxías e sistemas que sustentan os grandes contratos informáticos da AEAT. Aquí é importante facer unha aclaración: en sistemas como Oracle, IBM ou Citrix, hai dúas capas diferenciadas. A primeira é a licenza de software, cuxo soporte técnico directo só pode prestalo o propio fabricante. A segunda, e esta é a que nos importa, é a capa de traballo con esas infraestruturas e tecnoloxías: a administración, a operación, a monitorización, a xestión. Esta segunda capa é onde debe estar o persoal propio da AEAT formado e capacitado, e é precisamente onde hoxe se sitúan os grandes contratos externos. Véxanse os exemplos:
- Formación en VMWare vSphere e virtualización de redes NSX: tecnoloxías presentes nos contratos de soporte da infraestrutura servidora da AEAT.
- Citrix Virtual Apps and Desktop e certificación Citrix: sistemas que a AEAT usa como pilares fundamentais das súas funcións e nos que o persoal propio debería estar plenamente capacitado.
- Sistemas Exadata, ZFS, ZDLRA e BBDD Oracle: o núcleo tecnolóxico dos Centros de Proceso de Datos da Axencia, que debería ser operado polo persoal propio, ou polo menos con participación real e capacitada de funcionarios da AEAT nos equipos de traballo.
- Ferramentas do entorno z/OS e IBM SDI: sistemas operados por empresas externas nos que a AEAT debería ter o seu propio persoal formado e integrado nos equipos.
- Servizos de monitorización (Zabbix), infraestrutura de sistemas (OpenLDAP, Bind, Pacemaker), infraestrutura de indexado (Solr/Lucene) e servizos MPP (Zookeeper, Cloudera): todos eles presentes nos grandes contratos de soporte informático que analizamos.
- Xestión de servidores Apache HTTP e Tomcat: funcións incluídas nos contratos de soporte dos Servizos Centrais e Territoriais da AEAT.
- Sistemas de información ZUJAR, HERMES e DEDALO: as ferramentas propias da Axencia, nas que o persoal debería ser formado de forma prioritaria e continua.
Non pedimos nada extraordinario. Pedimos formación específica, acceso aos postos e igualdade de oportunidades para todo o persoal informático, con independencia de onde estea destinado. É o mínimo que calquera Administración pública debería garantir ao seu persoal técnico.
Seguiremos informando do resultado deste envío e do que responda o Departamento de RRHH.
A loita é o único camiño!