CONTINUAMOS A LOITAR POR UN ACORDO DE RETRIBUCIÓNS QUE DEFENDA AS TRABALLADORAS/ES PÚBLICOS!

Venres, 08 Mai 2026

Hoxe, 8 de maio, debería terse celebrado a vista oral do xuízo tralo recurso presentado por CIG e ELA contra o acordo de actualización salarial nas administracións públicas, mais a vista quedou adiada polas "dúbidas" do Tribunal Central do Contencioso-Administrativo sobre a súa competencia, despois de que a Audiencia Nacional se declarase incompetente e pasara o asunto a este Tribunal... Hoxe denunciamos esta estratexia de dilación nas redes sociais e medios de comunicación.

A @galiza.cig non se rende! Non importan os paus que lles poñan ás rodas! Hoxe fica máis claro aínda o interese por manter vixente un acordo contrario aos intereses das traballadoras/es públicos e que só beneficia á administración. Loitamos por un novo acordo de retribucións, cunha negociación real e medidas que blinden o poder adquisitivo dos salarios públicos. #ALoitaContinúa

Para máis información preme nas ligazóns: