ACCIÓN SOCIAL 2026 - MÁIS PERSOAL E O MESMO ORZAMENTO

Venres, 11 Set 2026

Este 10 de setembro reuniuse o Grupo Técnico de Acción Social do Ministerio de Política

Territorial e Memoria Democrática, no que se presentaron as listaxes provisionais das axudas

de 2026.

A CIG, como xa sabedes, non asinou o Plan de Acción Social de 2026 porque mantén unha

dotación claramente insuficiente. O cadro de persoal aumentou case un 13 %, pasando de

6.184 a 6.983 persoas, sen que se incrementase proporcionalmente o orzamento.

Presentáronse 6.280 solicitudes, das que 1.239 resultaron excluídas provisionalmente. A

Administración prevé publicar a resolución o 15 de setembro. A partir do día seguinte abrirase

un prazo de dez días para emendar a documentación e presentar alegacións a través de

SICPE.

A CIG manifestou que esta reunión debería celebrarse unha vez rematado ese prazo, cando se

dispoña de datos definitivos que permitan realizar unha análise máis rigorosa e axustada á

realidade. A propia Administración recoñeceu que a maioría das exclusións responde a

defectos documentais susceptibles de emenda, como a falta ou incorrección de facturas,

certificados de matrícula, prescricións facultativas, acreditación da convivencia, vida laboral ou

certificados de non ter solicitado outras axudas.

A CIG reclamou que se revisen todas as exclusións derivadas de defectos subsanables e que

se aclare por que algunhas solicitudes aparecen simultaneamente como excluídas e non

concedidas. A Administración explicou que SICPE calcula automaticamente o baremo das

solicitudes excluídas ante a posibilidade de que sexan posteriormente emendadas, pero segue

sen quedar claro cal é o estado real destes expedientes.

O importe provisionalmente concedido ascende a 464.273,23 euros, mentres que quedan sen

repartir 339.573,22 euros, arredor do 42 % do orzamento operativo.

Especialmente chamativa é a situación das axudas extraordinarias. Presentáronse oito

solicitudes para cubrir situacións de necesidade grave e urxente e ningunha foi concedida

provisionalmente. A CIG pediu unha análise específica das razóns desta situación.