ACCIÓN SOCIAL 2026 - PRÓXIMA PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADXUDICATARI@S
Na xuntanza de acción social celebrada este 3 de setembro, a Dirección Xeral de Xustiza trasladaunos os datos de solicitudes recibidas, de persoas beneficiarias e de solicitudes non admitidas definitivamente. En breve remitirase ao DOG a resolución de aprobación destas listaxes provisionais, as cales poderan consultarse na OPAX a partir de dita publicación, a fin de poder realizar as alegacións correspondentes no prazo de 10 días hábiles.
De todas as solicitudes presentadas, constan 143 solicitudes que se corresponden con 166 beneficiarios (121 solicitudes simples, 21 dobres e 1 tripla).
- 122 solicitudes constan como provisionalmente concedidas, que se corresponden con 142 beneficiarios.
- 19 solicitudes constan como provisionalmente denegadas, que se corresponden con 20 beneficiarios.
- 2 solicitudes dobres constan parcialmente admitidas, que se corresponden con 2 beneficiarios, e parcialmente denegadas, que se corresponden con 2 beneficiarios.
Seguimos pelexando contra muiños de vento e voltamos a reiterar que é incomprensible que se seguiran aplicando ás axudas de acción social as restriccións establecidas nunha lei de 2012, que estas axudas sexan incompatibles con outras e que as mesmas, en todos estes anos, non se teñan incrementado, a lo menos, coas subidas fixadas nos orzamentos para outras partidas, sendo na actualidade ridículas as contías concedidas que, ademais, non teñen realmente en conta a renda per cápita.