ACCIÓN SOCIAL 2026 -PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITID@S E EXCLUÍD@S

Xoves, 08 Out 2026

No día de hoxe tivo lugar, por videoconferencia, a reunión da Comisión de Acción Social, na que a Dirección Xeral de Xustiza deu traslado das listaxes definitivas correspondentes ás axudas de Acción Social.

A Dirección Xeral informou de que se presentaron 18 alegacións das 19 solicitudes que foran provisionalmente denegadas, das cales 17 foron admitidas.

Como resultado final do procedemento, das 143 solicitudes presentadas, 141 foron admitidas na súa totalidade e 1 solicitude foi admitida parcialmente, correspondendo a un total de 163 persoas beneficiarias.

Os importes aos que ten dereito cada unha das persoas beneficiarias quedan establecidos do seguinte xeito:

Tramo

Importe inicial

Importe final

Tramo I

300,00 €

87,29 €

Tramo II

600,00 €

174,59 €

Tramo III

1.200,00 €

349,18 €

A Dirección Xeral de Xustiza informou tamén de que vai proceder á tramitación da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así mesmo, comunicounos que se nos informará da data de publicación e da data prevista para o aboamento das cantidades correspondentes a cada persoa beneficiaria.

IMPORTANTE: cada persoa interesada deberá comprobar a súa inclusión nas listaxes definitivas a través da OPAX