ACCIÓN SOCIAL 2026 - PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Luns, 14 Set 2026

Publicouse no DOG do 14 de setembro a RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, a persoa interesada accederá á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/), co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As persoas interesadas terán un prazo de DEZ (10) DÍA HÁBILES, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: