ACCIÓN SOCIAL NO DOG DO PRÓXIMO MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO ESTÁ PREVISTA A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

Luns, 06 Nov 2023

O mércores 8 de novembro de 2023 está prevista a publicación no DOG da Resolución do 27 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.