
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

Publícase Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertados por Resolución do 19/03/2025 para a súa provisión temporal entre persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
Aprobase e faise pública no Anexo I da presente resolución a lista definitiva dos destinos adxudicados ao persoal funcionario que participou na convocatoria.
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.
A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.