ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

Convocatoria Resolución de 4 de setembro de 2025
Mércores, 10 Set 2025

Publícase Resolución de 10 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, ofertados por Resolución do 04/09/2025, para a súa provisión temporal entre persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Aprobase e faise pública no Anexo I da presente resolución a lista definitiva dos destinos adxudicados ao persoal funcionario que participou na convocatoria.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: