ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

Martes, 07 Mai 2024

O 25/04/2024 ofertáronse, para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución, entre persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, os postos relacionados no Anexo I da dita convocatoria.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

Accede á resolución completa: