ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE PRAZAS OFERTADAS EN COMISION DE SERVIZOS

Convocatoria Resolución 3 de xullo de 2025
Venres, 18 Xul 2025

Publicouse na intranet e na páxina web da consellería a Resolución de 18 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos xerais, convocado por resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 3 de xullo de 2025, pola que se convoca a provisión en comisión de servizos de postos de traballo, entre persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Transcorrido o prazo de 3 días hábiles, establecido no artigo 11.2 e, de conformidade co disposto no artigo 12 da Resolución do 21 de marzo de 2022, fanse públicas no Anexo I da resolución, as puntuacións definitivas obtidas por cada participante da convocatoria e aprobase e faise pública, no Anexo II da presente resolución, a listaxe das adxudicacións definitivas dos postos, a cal pode consultarse a continuación.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: