ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓN DE SERVIZOS - MÉDIC@S FORENSES

Mércores, 04 Feb 2026

O pasado 21 de xaneiro de 2026 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo, en comisión de servizos, entre o persoal funcionario do corpo de Médic@s Forenses.

Como consecuencia do anterior, publicouse na intranet e na páxina web a Resolución do 4 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que aproban e fan públicas as puntuacións provisionais obtidas por cada participante da convocatoria así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Tamén se aproban e fan públicas, no Anexo II da presente resolución, as listaxes das adxudicacións provisionais.

As persoas interesadas poderán formular reclamacións no PRAZO DE 3 DÍAS HÁBILES, contados desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: