ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO

Mércores, 19 Feb 2025

O 11 de febreiro de 2025 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 13 de novembro da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Hoxe acaba de publicarse Resolución da DXX pola que aproban e fan públicas as puntuacións obtidas por cada participante da convocatoria así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Tamén aproban e fan públicas, no Anexo II da presente resolución, a listaxe das adxudicacións provisionais.

As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Consulta na seguinte ligazón a resolución completa: