
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO

O 21 de maio de 2025 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
Hoxe acaba de publicarse Resolución da DXX pola que aproban e fan públicas as puntuacións provisionais obtidas por cada participante da convocatoria así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Tamén aproban e fan públicas, no Anexo II da presente resolución, a listaxe das adxudicacións.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles, contados desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Consulta a resolución completa na seguinte ligazón: