ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO

Luns, 20 Xul 2026

O pasado 8 de xullo de 2026 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes[nbsp]a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo, en comisión de servizos, entre o persoal funcionario dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de Xustiza.

Como consecuencia do anterior, ven de publicarse na intranet e na páxina web a Resolución do 20 de xullo de 2026 da Dirección Xearl de Xustiza, pola que aproban e fan públicas as puntuacións provisionais obtidas por cada participante da convocatoria así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Tamén se aproban e fan públicas, no Anexo II da citada resolución, as listaxes das adxudicacións provisionais.

As persoas interesadas poderán formular reclamacións no PRAZO DE 3 DÍAS HÁBILES, contados desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: