ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO
O pasado 3 de setembro de 2026 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo, en comisión de servizos, entre o persoal funcionario dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de Xustiza.
Como consecuencia do anterior, ven de publicarse na intranet e na páxina web a Resolución do 19 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban e fan públicas as puntuacións provisionais obtidas por cada participante da convocatoria así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Tamén se aproban e fan públicas, no Anexo II da citada resolución, as listaxes das adxudicacións provisionais.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións no PRAZO DE 3 DÍAS HÁBILES, contados desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.



Para ver a resolución complerta preme na ligazón