ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO IMELGA

Mércores, 26 Mar 2025

O 20 de febreiro de 2025 publicouse na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 20 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizos de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

O punto terceiro da dita resolución establece que o prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria (do 21.02.2025 ata ao 27.02.2025).

Vistas as solicitudes presentadas resólvese facer públicas, no Anexo I, as puntuacións obtidas por cada participante da convocatoria e aprobar e facer pública, no anexo II, a listaxe das adxudicacións provisionais dos postos.

As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución.

Consulta a resolución completa: