
ADXUDICAN POSTOS DE TRABALLO DO PROCESO DE REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DA FASE I

A DXX envíanos a resolución pola que se adxudican os postos de traballo do proceso de reordenación de efectivos dentro da reorganización que se realiza con motivo da implantación da Fase I da Lei Orgánica 1/2025.
O 7.05.2025 publícase no DOG a Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunais colexiados, de conformidade coas previsións contidas na Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza. Na mesma data publícanse no DOG a Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que
se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza, fase I, e a Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, fase I.
Unha vez realizada a fase de confirmación dentro do procedemento de reorganización de efectivos, iniciouse o proceso de reordenación de efectivos convocado pola Resolución do 2 de xuño de 2025 da dirección xeral de xustiza pola que se convoca proceso de reordenación ereasignación forzosa de efectivos dentro do proceso de reorganización que se realiza con motivo da implantación da fase i da lei orgánica 1/2025 que establece que proceso se estrutura en dúas fases: a fase de reordenación de efectivos e fase de reasignación forzosa que se convocaron simultaneamente. Se resolverá en primeiro lugar a reordenación e en segundo lugar a reasignación forzosa.
Recibidas as solicitudes presentadas polo persoal funcionario na fase de reordenación de efectivos e de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos na resolución do 2 de xuño de 2025, procédese a adxudicar os postos convocados.
E resólvese:
1. Adxudicar na fase de reordenación de efectivos os postos convocados ás persoas funcionarias que figuran no Anexo I.
2. A toma de posesión terá lugar o 1.07.2025, data de entrada en funcionamento nas novas unidades da fase I.
3. O posto de traballo ao que se acceda a través de reordenación terá carácter definitivo, iniciándose o cómputo do tempo mínimo de permanencia para poder concursar desde a data da resolución pola que se accedeu por primeira vez con carácter definitivo ao centro de destino do que procedían se se trata de funcionarios de novo ingreso, ou desde a data da
resolución de convocatoria, conforme ao disposto no artigo 46.1 do RD 1451/2005, do 7 de decembro.
4. Ao persoal que non obtivo posto nesta fase adxudicaráselle un posto mediante reasignación forzosa.
Consulta a resolución completa a continuación: