AEAT. Plan de Acción Social 2026
Vense de aprobar o Plan de Acción Social 2026. O principal problema que lle vemos desde a CIG e a manifesta insuficiencia do orzamento con que conta. De haber orzamentos xerais do Estado e ter negociado antes a Dirección da AEAT o aumento da partida de acción social, os remanentes distribuiranse na comisión de seguemento do acordo do plan de acción social, que é o único motivo polo que asinamos o acordo desde a CIG, para non permitir á Administración xestionar a acción social de maneira unilateral.
Desde a CIG, xunto ao incremento de orzamento e que este non sexa un crédito vinculante, volvimos insistir na necesidade de que a promoción interna sexa canalizada abrindo a todo o persoal interesado La Academia- que se financia a través de formación- liberando esa parte do orzamento de acción social para as restantes axudas. Advertimos das mudanzas na “pirámide de poboación” da AEAT, que está incrementando o peso das axudas por coidado de fillas mais por desenvolvemento educativo e entendemos que esta é a maneira de cubrilo.

Contido do Plan de Acción Social 2026:
| Modalidade de axuda | Periodo de cobertura |
| Coidado de fillas menores de 3 anos | 1/09/2025 ao 31/08/2026 |
| Desenvolvemento educativo | 1/07/2025 ao 30/06/2026 |
| Estudos do persoal | 1/07/2025 ao 30/06/2026 |
| Saúde(modalidade 2.1) | 1/05/2025 ao 30/04/2026 |
| Saúde (modalidades 2.2-2.3) | 1/09/2025 ao 31/08/2026 |
| Promoción do persoal | 1/09/2025 ao 31/08/2026 |
| Discapacidade/Dependencia | 1/09/2025 ao 31/08/2026 |
| Excepcionais | 1/09/2025 ao 31/08/2026 |
| Xubilación/ incapacidade permanente | 1/09/2025 ao 31/08/2026 |
| Falecemento/ grande invalidez | 1/09/2025 ao 31/08/2026 |
A aprobación do Plan non implica, como outros anos, que se abra o prazo para presentar solicitudes. Poderanse pedir cando se publique
Principais novidades:
- Actualizase un pouco o importe das axudas mais os niveis de renda
Consulta o PAS completo no axunto mais no Blog