AEAT. Reunión coa Dirección Xeral da AEAT

Xoves, 30 Mai 2024
4 FOLIOS CHEOS DE PALABRAS BALDEIRAS E NINGÚN FEITO

O xoves, día 23 de maio de 2024, os sindicatos asinantes do conflito (SIAT, UXT, CSIF, CCOO e CIG) reunímonos coa Dirección Xeral da Axencia Tributaria para tratar os puntos afectados polo conflito exposto polas organizacións sindicais citadas o día 4 de abril de 2024.

Na reunión insistimos en denunciar o reiterado incumprimento en materia de negociación colectiva e dereitos sindicais por parte da Administración. Á Directora Xeral manifestámoslle que solucionar a actual situación caótica dos Recursos Humanos na Axencia Tributaria, dando un xiro á maneira de proceder do Departamento sempre contraria aos intereses dos traballadores, non é só unha necesidade, senón unha cuestión de responsabilidade institucional.

Puxemos de manifesto feitos ocorridos nas últimas semanas que demostran a deriva na que entrou o Departamento de Recursos Humanos da Axencia Tributaria e o seu desprezo aos traballadores; entre outros:
  • Uns paneis de C1 e C2 que se tentaron resolver nunha mañá sen contestar ás reiteradas peticións de ampliación de prazas e á complicada situación de mobilidade do persoal deste colectivo.
  • Oferta de prazas de C2 en diferentes destinos de difícil acceso á quenda libre non adxudicadas a traballadores da AEAT en activo.
  • Unha oferta de destinos aos Técnicos Auxiliares de Informática (TAI) da quenda libre sen haber resolvido o panel dese colectivo para o cal fomos convocados o martes 28/5/2024.
  • Atraso inxustificado de varios meses na resolución e execución do panel do CTH.
  • Máxima celeridade na tramitación do concurso de Inspectores, que supoñerá un beneficio de millóns de euros para este colectivo, dificultando a fiscalización do mesmo por parte das organizacións sindicais.
Tamén manifestamos que mentres o Secretario de Estado de Facenda e Presidente da AEAT (reunión pedida desde hai varios meses), se vai continuamente de “birlos” e recibe a calquera asociación corporativa que llo pide, non foi capaz de recibir aos representantes legais dos traballadores. As organizacións sindicais levamos varios meses solicitando unha reunión sen que fose atendida.

Tamén reclamamos a intervención da Ministra de Facenda e Vicepresidenta 1ª do Goberno para recuperar o diálogo social sen ningún tipo de resposta ata o momento.

Lembremos, as razóns tan importantes para expor o conflito na AEAT en relación coa actual e preocupante situación en materia de negociación colectiva na Axencia Tributaria:
  • REACTIVACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO ACORDO DE CARREIRA PROFESIONAL E ADMINISTRATIVA.
  • NEGOCIACIÓN DUN NOVO CONVENIO COLECTIVO CON INCREMENTO RETRIBUTIVO E CARREIRA PROFESIONAL.
  • NEGOCIACIÓN DO MODELO INTEGRAL DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA.
  • NEGOCIACIÓN DE HORARIOS ESPECIAIS (H24, H10 etc.)/ etc.)
  • RECOÑECEMENTO DE OFICIO DE ANTIGÜIDADE DE ANOS NATURAIS A EFECTOS ECONÓMICOS E DE PROMOCIÓN PARA O PERSOAL FIXO DESCONTINUO.
  • RECOÑECEMENTO COMO PROFESIÓN DE RISCO A VIXILANCIA ADUANEIRA.
  • NEGOCIACIÓN DAS PRODUTIVIDADES DA AEAT.
 
Non pode ser que os traballadores da AEAT manteñamos retribucións de hai 17 anos coa perda de poder adquisitivo que houbo durante este período debido ao incremento de prezos dos produtos básicos, a enerxía, o combustíbel, vivenda etc., mentres o actual Secretario de Estado de Facenda segue mantendo as vivendas e garaxes para o uso particular dalgúns Delegados e familiares en espazos públicos e aproba melloras retributivas que benefician exclusivamente ao colectivo máis privilexiado da AEAT, os inspectores de facenda.

Na citada reunión, tamén manifestamos que as organizacións sindicais asinantes do conflito, presentamos en sede parlamentaria o pasado 22 de maio a reprobación do Secretario de Estado.

RESPOSTA POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN

A resposta ás reivindicacións expostas pola parte social é un documento de catro folios con propostas vagas sen ningún tipo de compromiso real, totalmente inconcretas, carentes de respaldo económico nin político e sempre condicionadas a que se aprobasen os orzamentos xerais do Estado para 2025. Non podemos esquecer que nos últimos anos sempre tivemos orzamentos xerais do Estado, e non solucionaron ningún problema exposto no conflito.

Os traballadores da Axencia Tributaria non poden estar pendentes para conseguir as súas reivindicacións da aritmética parlamentaria converténdose en reféns duns altos cargos do Goberno que fan abandono de funcións.

NUNCA UN SECRETARIO DE ESTADO DE FACENDA E UNHA DIRECTORA DA AEAT PINTARON TAN POUCO NA ESTRUTURA DO GOBERNO! Non podemos permitir unha dirección tan mediocre, auxiliada polos seus palmeiros “pseudosindicais”, afunda á AEAT no ostracismo, arrastrando aos seus traballadores a un pozo do que tardarán anos en saír, se é que saen.

Polo tanto, as organizacións sindicais convocantes do conflito manteremos as nosas reivindicacións en favor de todos os traballadores e traballadoras da AEAT, posto que todos estamos afectados e escalaremos as mobilizacións, tal e como anunciaramos.
Nos próximos días comunicarémosvos un calendario de mobilizacións consistente en concentracións e Asembleas informativas en Delegacións, sen descartar unha convocatoria de folga na Axencia Estatal de Administración Tributaria.

COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, ISTO NON PODE SEGUIR ASÍ!

MOBILÍZATE, O TEU FUTURO NA AEAT ESTÁ EN XOGO!!