APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA PRAZAS VACANTES DE XESTIÓN

Proceso selectivo convocado por Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro
Venres, 22 Mai 2026

Acaban de publicar na páxina do Ministerio de Xustiza a oferta de prazas que quedaron vacantes no proceso selectivo para o acceso por quenda libre ao corpo de xestión procesual. Un total de 16 de prazas nos ámbitos territoriais de Cantabria (4) e Ministerio (12).

As persoas aspirantes de outros ámbitos, que se presentaran ao último exercicio e obtiveran unha nota igual ou superior ao 50% da nota máxima posible e non superaran o proceso selectivo, estean interesados/as nas prazas indicadas máis arriba, dispoñen dun prazo de 5 días hábiles, a partir do día seguinte a publicación de esta nota, para presentar a súa solicitude a través do correo electrónico gestionlibre1437@mjusticia.es, cubrindo e adxuntando o modelo que vos mostramos máis abaixo como Anexo, no que se sinalará por orde de preferencia o ámbito territorial que se desexe.