APROBADAS/OS DO PRIMEIRO EXERCICIO DE LETRADAS/OS DA QUENDA LIBRE E SINALAMENTO DO SEGUNDO EXERCICIO

Martes, 16 Dec 2025

Foi publicado na páxina web do Minisrterio de Xustiza o Acordo do Tribunal Cualificador Número un das probas selectivas de acceso ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocadas pola Orde PJC/307/2025, do 26 de marzo, polo que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición por quenda libre e anúnciase a data de comezo do segundo exercicio.

O segundo execicio da quenda libre, DE CARÁCTER ORAL, dará comezo o próximo DÍA 12 DE XANEIRO DE 2026 e realizarase en Madrid, nas sedes do Tribunal Supremo, do Tribunal Superior de Xustiza e da Audiencia Nacional.