APROBADO O CALENDARIO LABORAL PARA 2027

Mércores, 17 Xun 2026

Aprobouse o pasado 15 de xuño o calendario laboral para o vindeiro ano 2027.

As festas do calendario laboral para Galiza en 2027 que se determinan son:

1 de xaneiro (Aninovo)

6 de xaneiro (Día de Reis)

19 de marzo (San Xosé)

25 de marzo (Xoves Santo)

26 de marzo (Venres Santo)

1 de maio (Día Internacional da Clase Obreira)

17 de maio (Día das Letras Galegas)

12 de outubro 

1 de novembro (Todos os Santos)

6 de decembro (Día da Constitución)

8 de decembro (Inmaculada Concepción)

25 de decembro (Nadal).

Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas como propias da súa localidade.

Como dous festivos estatais (1 de maio e 25 de decembro) caen en días insubstituíbles (en sábado), teremos 2 días máis de asuntos particulares: 9+2= 11 días de asuntos particulares para 2027.

O 25 de xullo e o 15 de agosto caen en domingo. O 25 de xullo, Día da Patria, sempre é festivo autonómico, o vindeiro ano non o será, a Xunta escolleu o 19 de marzo. E o 15 de agosto cámbiano polo 17 de maio, Día das Letras Galegas.