
APTOS E NON APTOS TERCEIRO EXERCICIO XESTIÓN QUENDA LIBRE
Convocado por Orde PJC/64/2024, de 25 de xaneiro

Unha vez revisado o acordo do 24 de marzo de 2025, tras varias correccións das listaxes de aprobados/as durante o mes de maio, publícase hoxe na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo do Tribunal Cualificador Único polo que se publica a relación de aptos/as e non aptos/as do terceiro exercicio do proceso selectivo de xestión pola quenda libre.