AS 35 horas sen reforzo de persoal a gran mentira asinada por CSIF, UGT e CCOO
A OEP 2026 DEIXA EN EVIDENCIA O ACORDO DAS 35 HORAS
A CIG xa advertira desta situación hai dous meses, cando reclamou para asinar o acordo da implantación das 35 horas, coñecer o borrador completo e os instrumentos reais de planificación que permitisen garantir o cumprimento efectivo do acordo das 35 horas. Mentres CSIF, UGT e CCOO corrían a asinar e vender titulares, a CIG preguntaba algo básico onde estaba o reforzo de persoal?, onde estaban os estudos de necesidades?, onde estaba a planificación real para evitar o colapso dos servizos públicos?
A resposta foi o silencio.
Con esta OEP 2026 a propia Administración confirma o que a CIG advertiu desde o primeiro día, non existía nin planificación, nin reforzo real de persoal, nin garantías para facer efectiva a redución da xornada sen deteriorar os servizos públicos.
O texto do acordo asinado por CSIF, UGT e CCOO recolle literalmente que:
“la Administración General del Estado orientará sus instrumentos de planificación de recursos humanos y las ofertas de empleo público hacia el fortalecimiento de la capacidad de respuesta de los servicios públicos…”
e engade que:
“se impulsarán las actuaciones necesarias de planificación, organización y dimensionamiento de las plantillas que permitan compatibilizar la implantación de la jornada de 35 horas con el mantenimiento y mejora de la calidad de los servicios públicos…”
Traducido á realidade, o Goberno queda en evidencia e as plantilals non serán reforzadas para desenvolver a implantación das 35 horas.
É dicir, venderon como un “gran acordo histórico” algo que sabían perfectamente que non estaba preparado para aplicarse. E peor aínda, as organizacións asinantes tamén o sabían.
Hoxe, apenas semanas antes da suposta implantación, é a propia Administración quen recoñece por escrito que aínda hai que “impulsar actuacións” de planificación, organización e dimensionamento das plantillas. É dicir, asinaron primeiro e agora descobren que non teñen medios para aplicalo.
Porque se realmente existise unha planificación seria, non sería necesario introducir agora cláusulas de “dimensionamento”, “cobertura adecuada” ou “compatibilización” da xornada cos servizos públicos. Estas referencias son a proba escrita de que a Administración non reforzou previamente os cadros de persoal e de que pretende trasladar novamente a carga organizativa ao persoal xa saturado.
A situación actual da AGE desmonta por si soa toda a propaganda oficial:
● Oficinas de Extranxeiría colapsadas.
● Seguridade Social con atrasos estruturais.
● SEPE incapaz de cubrir necesidades ordinarias.
● Cadros de persoal envellecidos e insuficientes.
● Convocatorias de emprego público acumulando anos de atraso.
● Procesos de promoción interna e provisión completamente bloqueados.
E mentres todo isto sucede, preténdese facer crer que unha redución de xornada pode implantarse sen reforzos inmediatos e masivos de persoal.
CSIF, UGT e CCOO venderon titulares. A Administración gañou tempo. A realidade é contundente antes incluso da súa entrada en vigor, o propio acordo xa está recoñecendo as súas carencias estruturais.