AULA TELEPRESENCIAL - CAPACITACION EN HIJWEB - CANGAS
Publicouse na INTRANET convidando ao persoal do Servizo Común de Tramitación e aos letrados da Administración de xustiza do municipio de Cangas a participar nas sesións de capacitación sobre os medios tecnolóxicos dispoñibles, que terán lugar o vindeiro 24 de outubro.
Para inscribirse preme na seguinte ligazón da INTRANET:
https://formacion-xustiza.xunta.gal/course/view.php?id=91
| Órganos | Data de capacitación | Quendas | Modalidade | Perfís destinatarios |
|---|---|---|---|---|
|
Cangas |
24/10/2025 |
09:30 h - 14:00 h |
Presencial | Servizo Común de Tramitación e letrados de Administración de xustiza |
Pasos para realizar a inscrición nas sesións
- 1.- Accede á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
- 2.- Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
- 3.- Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
- 4.- Unha vez que accedas, reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
- 5.- Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza. Deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.
Podes acceder ao material de consulta na seguinte ligazón da INTRANET: ir á guía rápida.